Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 4 de xullo de 2016 Páx. 28338

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (70/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 70/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Ayaso Santos contra a empresa Denim Sport Wear, S.L. (antes Don Vaquero Sport Wear) se ditou a seguinte sentenza cuxa resolución se xunta:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Cristina Ayaso Santos contra Denim Sport Wear, S.L. (antes Don Vaquero Sport Wear, S.L.) e Fogasa, debo declarar e declaro o dereito da demandada a percibir a cantidade de 5.009,80 euros polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade demandada a aboarlle á demandante as suma de 5.009,80 euros polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da dita cantidade devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir desta resolución.

En relación coa responsabilidade do Fogasa, deberase ater ao que resulte da aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores (ET), con notificación desta resolución.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.»

Para que sirva de notificación en legal forma a Denim Sport Wear, S.L. (antes Don Vaquero Sport Wear), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para a súa colocación no taboleiro de anuncios desta oficina xudicial.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza