Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 4 de xullo de 2016 Páx. 28308

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

EXTRACTO da Resolución do 17 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento para a concesión de axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2016/17.

BDNS (Identif.): 310827.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Será destinatario da axuda o alumnado que asista regularmente aos centros escolares situados na Comunidade Autónoma, administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes, que pertenza aos seguintes niveis de ensino:

a) Educación infantil segundo ciclo.

b) Educación primaria.

c) Educación secundaria obrigatoria.

Segundo. Obxecto

A resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras do réxime de axudas destinadas á distribución de froita ao alumnado de centros escolares na Comunidade Autónoma de Galicia e a convocatoria das ditas axudas para o curso escolar 2016/17.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 17 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento para a concesión de axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2016/17.

Cuarto. Importe

O importe máximo da axuda é de 0,25 euros por alumno/a e día lectivo. A froita repartirase nos períodos autorizados, que serán de cinco días lectivos consecutivos. Poderanse solicitar dun a catro períodos, de maneira consecutiva ou non.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes e iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2016

Belén María do Campo Piñeiro
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria