Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 99, do 26 de maio), e realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Orde do 31 de maio de 2016 (DOG núm. 109, do 9 de xuño), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,
DISPÓN:
Primeiro. Nomear funcionarios/as do corpo facultativo superior da administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, os/as aspirantes aprobados/as que se relacionan no anexo desta orde, ordenados/as de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo, de acordo co acto de elección de destino que tivo lugar o día 17 de xuño de 2016.
Para adquiriren a condición de funcionarios/as, as persoas a que se refire o anexo desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2016
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda