Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 4 de xullo de 2016 Páx. 28324

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2016 pola que se fan públicos os convenios de colaboración asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2016 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data
da sinatura

Achega de

Portos de Galicia

Portos de Galicia, Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Moaña

Addenda nº 1 ao convenio para a continuación do paseo marítimo de Moaña ata o paseo da Xunqueira (tramo da Seara)

28.12.2015

210.070,68

Portos de Galicia e a EGAP

Desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

4.1.2016

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Corcubión

Addenda ao convenio de colaboración para a actuación de mellora do saneamento do porto e pavimentación do contorno no dominio público portuario de Corcubión

9.2.2016

Non ten