Con data do 29 de abril de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense ditou resolución do expediente sancionador 2016006AL-OU, incoado a Casa Olegario, S.L., con CIF B-32457608, como titular do establecemento Restaurante Casa Olegario, sito na Nogueira-Luíntra, 12, do concello de Nogueira de Ramuín (Ourense).
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Casa Olegario, S.L., con CIF B-32457608, como titular do establecemento Restaurante Casa Olegario, o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderase facer no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Abanca; en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banco Santander, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e a eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 2 de xuño de 2016
María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Expediente sancionador 2016006AL-OU.
Interesada: Casa Olegario, S.L., con CIF B-32457608, como titular do establecemento Restaurante Casa Olegario.
DNI/NIF/CIF: B-32457608.
Último enderezo coñecido: Nogueira-Luíntra, 12 (Nogueira de Ramuín) Ourense.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) nº 852/2004.
Tipificación: leve.
Sanción proposta: dous mil cen euros (2.100 €).