De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentar a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 59.5 desta lei, modificado pola Lei 15/2014, do 26 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2; Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 10 de xuño do 2016
Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: MON-CO-0091/2016-DIS.
Denunciada: Encarnación Hermida López.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Expediente: MON-CO-0119/2016-CAF.
Denunciado: Cayetano Domínguez Martín.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Expediente: MON-CO-0138/2016-CAF.
Denunciada: María José Rodríguez Saavedra.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Expediente: MON-CO-0170/2016-DIS.
Denunciado: Francisco Vilariño López.
Acto de notificación: acordo de inicio.