Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 28102

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO de delegación expresa de competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación a tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, así como o alcance e contido da delegación efectuada, entre outros, polo Concello de Pantón.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 41, do 19 de febreiro de 2008, publícanse as bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación a tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, así como o alcance e contido da delegación efectuada, entre outros polo Concello de Pantón, sendo tamén publicado no Diario Oficial de Galicia número 46, do 5 de marzo de 2008.

No Boletín Oficial da provincia número 286, do 13 de decembro de 2008 publícase a reforma das citadas bases.

O Concello de Pantón amplía a delegación de competencias, a cal foi aprobada polo acordo adoptado polo Pleno da Corporación Municipal en sesión plenaria extraordinaria, que tivo lugar o día 28 de abril de 2015, que é aceptada pola Deputación Provincial (Decreto número 0550, do 17 de marzo de 2016), segundo o teor literal seguinte:

«…ACORDO:

Primeiro. Incorporar ao acordo de delegación de competencias a favor da Deputación Provincial de Lugo en materia de xestión, inspección e recadación, en relación a tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, aprobado polo Pleno do Concello con data do 2.3.2013 o seguinte punto:

– Imposto sobre incremento de valor de terreos de natureza urbana.

Segundo. Remitir certificado do presente acordo á Deputación Provincial de Lugo para o seu coñecemento e demais efectos.

Terceiro. Facultar o alcalde para a sinatura de canto documento sexa necesario para a execución do presente acordo».

O día 28 de abril de 2016, Boletín Oficial da provincia número 97, publícase o contido do acordo do citado concello.

Lugo, 31 de maio de 2016

O presidente da Deputación Provincial
de Lugo
P.D. (Decreto 2616/2015, do 26 de outubro)
Mª del Pilar García Porto
Deputada delegada de Economía,
Recadación, Facenda e especial de Contas

Manuel Castiñeira Castiñeira
Secretario da Deputación Provincial
de Lugo