Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 28101

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a rehabilitación de fachada en bloques de vivendas na rúa Carlos Maside.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de abril de 2016, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a rehabilitación de fachadas na rúa Carlos Maside, presentado pola Comunidade de Propietarios do edificio número 6 da rúa Carlos Maside, sen modificacións respecto do aprobado inicialmente.

Dada a inclusión dos predios afectados no ámbito do denominado Perímetro azul da cidade histórica, as obras que se vaian realizar deberán someterse a informe da Comisión Asesora do Patrimonio Histórico.

O acordo de aprobación definitiva notificarase persoalmente aos interesados e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Unha vez publicado o acordo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Logo de que conste a inscrición no Rexistro, procederase a publicar a normativa no Boletín Oficial da provincia.

Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo de detalle, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto 3997/2015, do 16 de xuño)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade