Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 27976

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 18 de maio de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 95, do 22 de maio), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 27 de xuño de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 72, do 15 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 18 de maio de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 95, do 22 de maio),

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións presentadas, anular a pregunta 69. O seu lugar pasa a ser ocupado pola pregunta de reserva número 101.

Segundo. Desestimar o resto de reclamacións presentadas.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez puntos (10 puntos). Para estes efectos, fíxase en 60 o número de respostas correctas precisas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polos/as aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web (funcionpublica.xunta.gal) da Xunta de Galicia.

Quinto. De acordo co disposto na base II.2.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base IV.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2016

Pablo Leis Mol
Presidente do tribunal