O proceso foi convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xuño de 2015 (DOG número 114, do 18 de xuño) e modificado por Orde do 12 de novembro de 2015 (DOG número 220, do 18 de novembro).
A Consellería de Facenda pola Orde do 11 de abril de 2016 (DOG número 72, do 15 de abril) nomeou o tribunal cualificador e modificou a súa composición pola Orde do 27 de abril de 2016 (DOG número 85, do 4 de maio).
Na sesión do tribunal que tivo lugar o 22 de xuño de 2016
ACORDOU:
1. A realización do segundo exercicio o 14 de xullo de 2016 no salón de actos, sala 1 e sala 3 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.
2. Os/as aspirantes irán provistos de DNI ou documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade, lapis nº 2 e goma de borrar.
3. Non se permitirá o acceso con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes e/ou calquera outro dispositivo do que poida facer uso o/a aspirante na realización do exercicio. Non haberá servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2016
María Dolores Veiga Gondelle
Presidenta do tribunal