Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27746

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (793/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretario do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 793/2013 por instancia de Andrés José Vilariño González contra a empresa Alfa Instant, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial sobre procedemento ordinario, nos cales recaeu sentenza o 30.52016 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido.

Estímase a demanda formulada por Andrés José Vilariño González fronte á empresa Alfa Instant, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

Condénase a empresa Alfa Instant, S.A. a aboarlle ao demandante a cantidade de trece mil oitocentos setenta e cinco euros con setenta e oito céntimos de euro (13.875,78 euros) e os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio previsto no artigo 29.3 do ET.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado e fará constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Alfo Instant, S.A. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de xuño de 2016

O secretario xudicial