Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27744

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (760/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 760/2013 por instancia de José Marcos García Lado contra Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza o 30.5.2016 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido.

Estímase a demanda formulada por José Marcos García Lado fronte á empresa Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A. a aboarlle ao demandante a cantidade de dous mil setenta e oito euros con sesenta e catro céntimos de euro (2.078,64 euros).

Notifíqueselle a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o deposito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado e fará constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de xuño de 2016

O secretario xudicial