Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27783

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 14 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se notifica a resolución do procedemento de reintegro da subvención concedida ao expediente TR352A 2011/696-0 regulado na Orde do 30 de decembro de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 17 de xaneiro de 2011).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación a través do servizo de Correos, notifícaselle á entidade relacionada no anexo a resolución do procedemento de reintegro da subvención concedida.

Os interesados poderán comparecer nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, 2º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da resolución e a constancia de tal coñecemento no prazo dun mes.

A resolución que se notifica esgota a vía administrativa. Os interesados poderán interpor contra ela recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, poderán interpor recurso de reposición ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes. A eficacia dos actos administrativos queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que os mencionados prazos se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, este anuncio se publica no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Entidade: Asociación Pedagóxica ICA-Ateneo.

Enderezo: praza de Compostela, 5-2º, 36201 Vigo (Pontevedra).

Nº de expediente: TR352A 2011/696-0.

Acto que se notifica: resolución de expediente de reintegro parcial.

Data do acto: 5 de abril de 2016.

Preceptos incumpridos: artigo 8.2º da citada Orde do 30 de decembro de 2010 e artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade para reintegrar: 2.749,67 €.