Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.
Denominación: ampliación subestación Sarreaus Trafo II.
Situación: Sarreaus.
Características técnicas:
Módulo híbrido con trafo de potencia T-II celas de posición 132 e 20 kV, dotación de nova cela de liña MT con medida de barras 8BA2 e previsións para 5 novas celas de liña.
Orzamento: 867.356,95 euros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Ourense, 7 de xuño de 2016
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense