Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27596

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Campo Lameiro

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal, por Acordo do Pleno do Concello do 14 de marzo de 2016, de conformidade co artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios do Concello de Campo Lameiro e na prensa local.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado/a nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas en todas as áreas do Concello de Campo Lameiro.

A duración desta suspensión será ata o momento da aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal, cun máximo de dous anos.

Campo Lameiro, 9 de maio de 2016

Julio G. Sayáns Bugallo
Alcalde