Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27595

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO da convocatoria de oposición para seleccionar os profesores do Conservatorio Profesional de Música e da Escola Municipal de Música de Arzúa.

Por Acordo da Xunta de Goberno Local do 16 de xuño de 2016, convócase oposición para seleccionar oito profesores, que serán contratados a tempo parcial, na modalidade de contrato por obra ou servizo determinado, para prestaren servizos no Conservatorio de Música e na Escola Municipal de Música de Arzúa, durante o curso lectivo 2016/17, por unha retribución de 15 euros brutos por hora de traballo, incluído o rateo de pagas extras, nas seguintes especialidades: guitarra, percusión, piano, tuba/trombón, trompa/trompeta, contrabaixo/violonchelo, violín/viola e saxofón.

As bases serán publicadas no Boletín Oficial da provincia.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Arzúa, 22 de xuño de 2016

José Luis García López
Alcalde