Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2016 pola que se anuncia licitación para a contratación do servizo de impresión de títulos universitarios oficiais, suplemento europeo ao título, títulos propios, diplomas e outros expedidos por esta universidade (expediente 307/16).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-servizos centrais Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es.

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga.

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 307/16.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de impresión de títulos universitarios oficiais, suplemento europeo ao título, títulos propios, diplomas e outros expedidos pola Universidade de Vigo.

c) Lugar de execución/entrega:

• Enderezo: Servizo de Alumnado. Campus de Vigo.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

d) Prazo de execución: un ano a partir do 1 de outubro de 2016, ou desde o día seguinte ao da sinatura do contrato se esta última data é posterior, prorrogable por outro ano máis. A prórroga formalizarase de mutuo acordo por ambas as dúas partes antes de que remate o período de vixencia inicial do contrato.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 79823000-9 (servizos de impresión e entrega).

g) CPA: CPA: N – servizos administrativos e auxiliares. 82.19.13 (servizos de preparación de documentos e outros servizos especializados de oficina).

h) Código NUTS: ES114 Pontevedra.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 17 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: 241.816 euros.

5. Gasto máximo autorizado: 120.908 euros. IVE: 25.390,68 euros.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do gasto máximo autorizado, excluído o IVE. Este importe reaxustarase segundo o importe de adxudicación.

c) Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): grupo M, subgrupo 4, categoría A ou B, ou ben grupo M, subgrupo 4, categoría 2.

b) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional: a que se indica respectivamente nos números 12 e 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: os indicados no número 14 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 1 de agosto de 2016, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel, tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia, servizos centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas, Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas da Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia, servizos centrais, 2ª andar. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Aproximadamente 2.500 euros.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 20 de xuño de 2016.

Vigo, 20 de xuño de 2016

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo