Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 8 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial dunha planta para a extrusión, o lacado e o anodizado de perfís de aluminio situada no concello de Valga (Pontevedra). Titular: Extrusionados Galicia, S.A. (expediente 2015-IPPC-M-77).

Para os efectos previstos no Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro) e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedarán expostos os documentos titulados:

– Proxecto básico para a solicitude da modificación substancial da autorización ambiental integrada da planta de extrusionado, lacado e anodizado de perfís de aluminio do complexo industrial Extrugasa. Concello: Valga. Maio 2016. Ed. 2.

– Estudo de impacto de integración paisaxística para a modificación substancial da autorización ambiental integrada da planta de extrusionado, lacado e anodizado de perfís de aluminio do complexo industrial Extrugasa en Valga. Novembro 2015.

– Estudo de impacto ambiental da modificación substancial da planta de extrusionado, lacado e anodizado de perfís de aluminio do complexo industrial Extrugasa en Valga. Novembro 2015.

– Estudo de impacto ambiental para a modificación substancial da autorización ambiental integrada da planta de extrusionado, lacado e anodizado de perfís de aluminio do complexo industrial de Extrugasa en Valga. Documento de síntese. Novembro 2015. Ed. 1.

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. Os documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalo na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Nº de expediente: 2015-IPPC-M-77.

Peticionaria: Extrusionados Galicia, S.A.

Domicilio social e localización da instalación: Rúa Nova, s/n, Campaña, 36645 Valga (Pontevedra).

Descrición da modificación:

A modificación prevista consiste basicamente no seguinte:

– Cambio dun punto de emisión por traslado do proceso «acabamento madeira».

– Incorporación dunha prensa de 2.200 t.

– Cambio do uso dos recipientes fixos de almacenamento de produtos químicos.

– Cambio do uso do tanque de cromatizados.

– Cambio do uso da nave de lodos.

– Ampliación do almacén de matrizaría.

– Incorporación dunha nova liña de anodizado.