Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 7 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan parcial do SUNP-I-33R en Iñás, no concello de Oleiros, promovido por Carrefour Property, S.L.U. (expediente 2016AAE1867; código 1778/2016).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 6 de xuño de 2016, sobre a modificación puntual do Plan parcial do SUNP-I-33R en Iñás, no concello de Oleiros, promovido por Carrefour Property, S.L.U.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental