Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Tui (expediente IN407A 2016/86-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eurobandas, S.A.

Domicilio social: Magdalena-Ribadelouro, 36710 Tui.

Denominación: LMTS e CS en Magdalena.

Situación: Tui.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 25 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo-subterráneo existente e final no centro de seccionamento proxectado. Centro de seccionamento, con celas prefabricadas, con illamento e corte en SF6, situado en Magdalena, Ribadelouro, Tui.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 27 de maio de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra