Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27497

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (SAN 84/2013).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento sancións 84/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Auto Arte Galicia, S.L. contra a Consellería de Traballo e Benestar Social sobre sancións, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor seguinte:

«Auto: 76/2016

Maxistrado-xuíz: Javier López Cotelo

A Coruña, 23 de maio de 2016

Parte dispositiva

Decrétase o arquivamento dos presentes autos no estado en que se atopan, sen prexuízo de que se poida promover novo xuízo sobre o mesmo obxecto, se se dan as circunstancias.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social n. 4, aberta no Banco Santander, conta nº 00301846420005001274, e indicar no campo concepto “Recurso” seguida do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social- Reposición”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O maxistrado xuíz. O/A letrado da administración de justicia»

E para que sirva de notificación en legal forma a Auto Arte Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza