Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27495

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 543/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 543/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel García Sánchez contra a empresa Gestal Vázquez, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 224/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 543/2013.

Demandante: José Manuel García Sánchez.

Letrado: Sr. Orantes Canales.

Demandado: Gestal Vázquez, S.L.

Letrado:

Fogasa

Letrado:

Sentenza 224/2016

A Coruña, 12 de maio de 2016.

Resolución

1º. Estimo a demanda formulada por José Manuel García Sánchez contra Gestal Vázquez, S.L. e, en consecuencia, condénoa a aboarlle ao primeiro a cantidade de 1.422,41 euros en concepto de salarios debidos, así como o 10% do xuro de demora.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación en legal forma a Gestal Vázquez, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza