Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27272

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (264/2014).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 264/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Paz Ces Piñeiro contra a empresa Salvamentos e Contraincendios, S.L.; Academia Abrente, S.L. e Alquileres y Servicios Educativos, S.L., se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Parte dispositiva.

Declaro a nulidade parcial do Auto do 15 de xullo de 2015 en canto ao pronunciamento de despacho de execución respecto de Salvamentos e Contraincendios, S.L. e das actuacións executivas posteriores en relación coa devandita empresa.

Acordo que non procede o despacho da execución interesada respecto de Salvamentos e Contraincendios, S.L. por corresponder a competencia ao xuíz do concurso, Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña.

Pásense as actuacións á letrada da Administración de xustiza para que continúe coa execución.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino. A maxistrada xuíza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que sirva de notificación en legal forma a Salvamentos e Contraincendios, S.L.; Academia Abrente, S.L. e Alquileres y Servicios Educativos, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza