Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27273

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 234/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos non xudiciais 234/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Fernando Jesús Romero Maneiro contra a empresa Ventanas Arousa, S.L., se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva

Estimo o recurso de reposición presentado polo Fogasa e, en consecuencia, declaro prescritas as cantidades obxecto de reclamación na presente execución no que ao dito organismo puider corresponder.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Ventanas Arousa S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza