Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27271

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1112/2008).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por proposta de providencia ditada, no día da data, no proceso seguido por instancia de Manuel Seoane Cancela, José Manuel Gens González, Jorge Castro Dopazo, Maximino Ferro Miramontes, José Benito Morrazo Cores, Daniel Saborido Buceta, Manuel Río Buceta, Ángel del Río Barco, Francisco Javier Miguéns Miguéns, contra Ames Obras, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1112/2008, se acordou citar a Ames Obras, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 4 de xullo de 2016, ás 11.00 horas, para a realización da comparecencia que establece o artigo 22 da LAC.

Terá lugar na sala de vistas deste Xulgado do Social número 1, sito na rúa Berlín, s/n, CP 15707. Deberán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e con todos os medios de proba de que se intenten valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de citación a Ames Obras, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza