Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se renuncia á continuidade na licitación da liña 2 (café moído natural 250 g) do lote 28, tramitado mediante o procedemento MS-EIC1-15-008, que ten por obxecto a contratación da subministración sucesiva de produtos de cociña.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 27 de outubro de 2015 publicouse no Boletín Oficial de la Unión Europea (DOUE núm. 2015/S 208-377250); o 28 de outubro de 2015 no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 206) e o 11 de novembro de 2015 no Boletín Oficial del Estado (BOE núm. 270) o expediente que ten por obxecto a subministración sucesiva de produtos de cociña (expediente MS-EIC1-15-008).

Segundo. Vista a información confusa contida no anexo II (cadro de consumos e importes estimados) entre a denominación do produto correspondente á liña 2 do lote 28 (café moído natural 250 g) e a unidade de medida aplicada a esta (quilogramo), que provocou diferentes interpretacións por parte dos licitadores e que fixo que a presentación de ofertas resulte errónea.

Terceiro. Vista a conveniencia de non desistir na licitación do resto do lote por razóns de interese público, posto que o mesmo trata de satisfacer unhas necesidades que teñen repercusión no benestar dos pacientes.

Fundamentos de dereito:

1º. O exposto no artigo 210 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, sobre o texto refundido da Lei de contratos do sector público (en diante, TRLCSP), en relación coas prerrogativas que ten o órgano de contratación.

2º. O artigo 155 do TRLCSP, onde se regula a renuncia á celebración do contrato.

En virtude das competencias atribuídas pola Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 139, do 20 de xullo)

RESOLVO:

Primeiro. Renunciar á continuidade da licitación da liña 2 (artigo 200412) do lote 28 do contrato de subministracións, cuxo obxecto é a subministración sucesiva de produtos de cociña, tramitado mediante expediente MS-EIC1-15-008.

Segundo. Publicar esta renuncia no perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde, así como nos diarios oficiais correspondentes.

Terceiro. Continuar co procedemento de licitación do resto do lote.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso especial en materia de contratación pública no prazo de quince (15) días hábiles, de conformidade co disposto no artigo 40 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, ou poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, mediante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

A Coruña, 12 de maio de 2016

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña