Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27353

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 2 de febreiro de 2016, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Francisco Muñiz e Hijos, S.A. de concesión administrativa para a construción de nave de almacenaxe e arranxo de aparellos de pesca no dominio público portuario de Portonovo (Sanxenxo) (expediente 13-10-16-C1).

Sofía Lourdes Muñiz Castiñeiras solicita, en nome e representación da entidade Francisco Muñiz e Hijos, S.A., a concesión administrativa para a construción dunha nave con destino á almacenaxe e ao arranxo de aparellos de pesca no dominio público portuario de Portonovo (Sanxenxo), segundo o proxecto de construción de nave para almacén e arranxo de aparellos de pesca redactado polo enxeñeiro técnico agrícola Gabino Grande Toro en xuño de 2015.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 2 de febreiro de 2016

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur