Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 23 de xuño de 2016 Páx. 26574

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 28 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial para a reforma e ampliación dunha granxa de gando porcino no concello de Ponteceso (A Coruña) cuxo titular é Granxa A Xesteira, S.C. (expediente 2015-IPPC-M-100).

Para os efectos previstos no Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro) e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado

– Proxecto básico de modificación substancial de autorización ambiental integrada e estudo de impacto ambiental de explotación de porcino, Xesteira-Pazos-Ponteceso-A Coruña-Granxa A Xesteira, novembro de 2015.

Para que calquera interesado poida consultalo e, se for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes. O documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalo na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades >>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I
Memoria resumo

Clave do expediente: 2015-IPPC-M-100.

Peticionario: Granxa A Xesteira, S.C.

Domicilio social e da instalación: Xesteira-Pazos, núm. 140, 15110 Ponteceso (A Coruña).

Actividade: a granxa conta na actualidade con 734 prazas de porcas reprodutoras, 4.000 prazas para porcos de ceba e 19 prazas para verróns. Despois da súa reforma e modificación, contará con 1.948 prazas para porcas reprodutoras, 218 prazas para porcas de recría e 19 para verróns.

As actuacións previstas consisten na construción de dúas novas naves (nave g de partos e nave h de leitóns), ampliación da actual nave a, construción dunha nova fosa de xurro cuberta e reformas nas naves b, f, 1 e 3.

Verteduras: as augas de limpeza das naves e as augas residuais fecais conduciranse ás fosas de xurro. As augas pluviais incorporaranse ao terreo sen depuración previa.