Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 23 de xuño de 2016 Páx. 26573

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (2/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 2/2016 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de María Vázquez García contra a empresa La Empanadilla Sabrosa, S.L., se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a María Vázquez García con La Empanadilla Sabrosa, S.L. e condeno a dita empresa a aboarlle á executante 3.565,58 euros en concepto de indemnización e 15.442,86 euros en concepto de salarios de tramitación, sen prexuízo do desconto que efectúe, de ser o caso, a empresa do importe percibido pola parte executante en concepto de prestacións de desemprego.

En caso de non se proceder ao cumprimento da presente resolución, continuará por petición de parte a presente execución como monetaria polo importe total de 19.008,44 euros, máis 200 euros de honorarios do letrado da parte executante e 1.900,8 euros que se orzan para xuros e custas da execución, sen prexuízo da súa ulterior liquidación.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Fogasa, facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino. A maxistrada xuíza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a La Empanadilla Sabrosa, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza