Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 23 de xuño de 2016 Páx. 26572

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 47/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 47/16 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Verónica Troiterio Quinteiro contra a empresa Alfonso Balo Silva, sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto con data do 1 de xuño de 2016 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo: acumular a presente execución número 47/2016 á seguida nesta oficina xudicial co número 130/15.

Lévese testemuño do presente decreto á execución de razón e o orixinal ao libro correspondente de decretos.

Notifíqueselles ás partes e a Alfonso Balo Silva, por medio de edictos no DOG.

Modo de impugnación: mediante recurso de revisión que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

Así o acordo e asino. A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Alfonso Balo Silva, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza