Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 22 de xuño de 2016 Páx. 25881

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se lles dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 4 de xuño de 2015, pola que establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 19.2 da Orde do 4 de xuño de 2015, pola que establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015, resólvese proceder á publicación das subvencións concedidas que se indican no anexo desta resolución.

Obxecto:

Establecer as bases reguladoras que rexerán os procedementos de concesión de axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido a mozos e mozas menores de 25 anos, ou menores de 30 se teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2015, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil.

Finalidade:

Reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/das mozos/as non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, ao tempo que se apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros.

Estas axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.

Beneficiarios/as:

As persoas e entidades beneficiarias desta axuda varían en función do procedemento de que se trate:

BS324A. Mozos e mozas individualmente.

BS324B. Entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia, que desenvolvan actividades no eido da xuventude.

BS324C. Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Destinatarios da mobilidade transnacional xuvenil:

Mozos e mozas inscritos no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da comunidade autónoma de Galicia.

Norma reguladora: Orde do 4 de xuño de 2015, pola que establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (Diario Oficial de Galicia número 111, do 15 de xuño).

Financiamento e aplicación orzamentaria:

Estas axudas están cofinanciadas pola Iniciativa de emprego xuvenil e polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 91,89 %.

A distribución inicial de créditos fíxase do seguinte xeito:

BS324A: 444.895,19 € con cargo á aplicación 11.06.313A.480.0.

BS324B: 346.794,08 € con cargo á aplicación 11.06.313A.481.0.

BS324C: 208.076,45 € con cargo á aplicación 11.06.313A.460.0.

Conforme o establecido no artigo 28.3, que recolle a posibilidade de reasignar créditos no caso de que se produzan remanentes nalgunha das aplicacións, coas contías sobrantes nos procedementos BS324A e BS324C, fixéronse dúas ampliacións de crédito no procedemento BS324B (aplicación 111.06.313A.481.0), resultando un total de crédito de 633.191,44 €.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2016

Cecilia Vázquez Suárez
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO
Subvencións concedidas programa Galeuropa 2015

A) Procedemento BS324A: 444.895,19 €

Aplicación 11.06.313A.480.0

Mozos e mozas individualmente

Nome

Apelidos

Contía

Eva

Almeida Álvarez

3.769,00 €

José Luis

Álvarez Borrageiros

2.825,00 €

Andrés

Álvarez Gómez

3.850,00 €

Lorenzo

Antelo Boga

2.536,00 €

Rafael

Barbosa Mariño

3.769,00 € (*)

Paula

Barreiro Díaz

2.534,00 €

Anxo

Barros Moure

3.769,00 €

Pablo

Bescansa García

2.877,00 €

Manuel

Bescansa García

3.353,00 € (*)

Jaime

Bescansa García

2.877,00 €

David

Blanco Aguilar

2.675,00 €

Darwin Alessandro

Bolívar Zullo

3.125,00 € (*)

Iris

Borrajo Méndez

2.825,00 €

Lidia María

Cambón Periscal

3.769,00 €

Candela María

Camiño López

3.619,00 €

Paloma

Castro Martínez

3.769,00 € (*)

Saleta

Chao Rivas

3.619,00 € (*)

Marta

Cuenca López

2.534,00 €

Varinia María

Dóce Silva

2.384,00 €

Marta

Domínguez Díez

3.769,00 €

Iago

Fernández Álvarez

3.769,00 €

Eva

Fernández Fernández

3.619,00 €

Cristina

García Cao

3.769,00 €

Lorena

Garea Rodríguez

3.769,00 € (*)

Raquel

González de la Fuente

2.534,00 €

Elena

Iglesias Durán

2.919,00 € (*)

Lorena

Iglesias Duro

3.769,00 €

Giselle

Jonte Beceiro

3.769,00 €

Adrián Alexander

Lama García

3.125,00 € (*)

Tamara

Lamela Varela

3.769,00 €

Manuel Adrián

López Candamio

3.769,00 € (*)

Marta

López Pallares

3.769,00 € (*)

Natalia

López Prieto

2.919,00 €

Andrea

Loureiro Pichel

2.686,00 €

Breixo

Martins Rodal

2.384,00 €

Paula

Méndez Casais

2.534,00 €

Mercedes María

Mira Costa

3.769,00 €

María

Mira Romero

3.769,00 € (*)

Olaya

Naveira Souto

3.125,00 €

Tatiana

Nieto Fontán

3.262,00 €

Naira

Pampillón González

3.769,00 € (*)

Diego

Paz Rodríguez

3.619,00 €

Nuria

Pazos Hermida

3.769,00 € (*)

Clara

Pérez Becerra

3.353,00 € (*)

Lourdes

Pérez Díaz

3.353,00 €

Nathalia Marcela

Piedrahita Giraldo

3.769,00 € (*)

María

Piñeiro Montes

3.769,00 € (*)

Iria

Portas Rodríguez

3.353,00 €

Fernando

Prado Figueiras

3.769,00 € (*)

Eduardo José

Rey Barral

2.473,00 € (*)

Jennifer

Rey Doce

3.619,00 €

Judit

Rey Jelusich

3.262,00 € (*)

Amando

Rey Torres

3.069,00 € (*)

Juan

Rodríguez Pousa

3.769,00 € (*)

Miguel Ángel

Sandoval Iribarren

3.769,00 € (*)

Santiago

Sanromán Pousa

3.769,00 € (*)

Carlos

Santaló Gorís

2.877,00 €

Jacobo

Souto Quintáns

3.353,00 €

María

Suárez Santalices

3.353,00 € (*)

Milagros

Tourís Fernández

3.769,00 €

Yolanda

Troncoso Senra

3.700,00 €

José Luis

Varela Jiménez

3.769,00 €

Yago

Vázquez Arias

2.534,00 €

Alba

Vázquez Arias

2.384,00 € (*)

Matilde

Vázquez Peón

2.686,00 € (*)

Total axuda concedida

215.722,00 €

(*) Renunciaron ou perderon o dereito á axuda

B) Procedemento BS324B: 633.191,44 €

Aplicación 11.06.313A.481.0

Entidades sen ánimo de lucro

Razón social

Contía

Asociación Universitaria Educación Social Sociedade

80.020,00 €

Fundación Paideia Galiza

46.642,26 €

Asociación Erasmus Compostela

77.297,00 €

Centro Xuvenil Abertal

22.561,00 €

Asociación Cultural Ingalicia

152.352,00 €

Asociación Cultural Xeración

42.463,20 €

Asociación Cultural Recreativa Deportiva Xuvenil e Prestadora de Servizos Sociais Muxema

71.545,00 €

Asociación Sociocultural Luenda

74.712,00 €

Asociación Xuvenil Vrenza

44.336,00 € (*)

Total axuda concedida

611.928,46 €

(*) Renunciaron ou perderon o dereito á axuda

C) Procedemento BS324C: 208.076,45 €

Aplicación 11.06.313A.460.0

Entidades locais

Razón social

Contía

Concello de Camariñas (agrupación Costa da Morte)

56.547,28 €

Concello de Ourense

46.390,00 €

Concello de Negreira

47.915,00 €

Total axuda concedida

150.852,28 €