Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 22 de xuño de 2016 Páx. 26338

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 63/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que, no procedemento de execución de títulos xudiciais 63/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Javier Bendaña Rodríguez contra a empresa Manuel Malde y Cía., S.R.C., Manuel Malde López, C.B., Óscar Cesar Malde Pardo, Myrian Telleira González ditáronse as seguintes resolucións auto e decreto, cuxa parte dispositiva se achega:

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Javier Bendaña Rodríguez, DNI 33236371-Z, fronte a Manuel Malde y Cía., S.R.C., Manuel Malde López, C.B., Óscar César Malde Pardo, Myrian Telleira González, parte executada, por importe de 11.085,15 euros en concepto de principal, máis outros 2.484,09 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 1.356,9 euros de xuros e as custas da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e a executada quedará apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que, ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título. Non será non a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/A maxistrado/a xuíz/a .

O/A letrado da Administración de xustiza.

Parte dispositiva:

Para dar efectividade á orde xeral de execución, acordo o embargo dos seguintes bens:

– Devolucións tributarias que a AEAT teña pendentes de devolver á parte executada. Para tal efecto, realícese a petición de cargo por requirimento xudicial a través da conta de consignacións xudiciais.

– Saldos das contas bancarias que segundo os datos existentes na aplicación informática, posúa ao seu favor a entidade executada, en canto sexan suficientes para cubrir a suma das cantidades reclamadas, o que se levará para efecto a través da conta de consignacións xudiciais.

– En relación cos vehículos titularidade da executada non procede trabar embargo sobre estes toda vez que teñen máis de dez anos de antigüidade e podería resultar a poxa antieconómica. En relación co terreo número 81.876/01 non procede trabar embargo sobre esta á vista do importe elevado das cargas anteriores que pesan sobre esta.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

– A conta de consignacións do órgano xudicial para os efectos de pagamento será a seguinte: conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 e deberá indicar no campo concepto de pagamento.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 0049 3569 9200 0500 1274. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto”, deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0063 16. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

Letrada da Administración de xustiza.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Manuel Malde y Cía., S.R.C., Manuel Malde López, C.B., Óscar César Malde Pardo, Myrian Telleira González, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza