Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 22 de xuño de 2016 Páx. 26336

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (67/2016).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 67/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Fernández Varela contra a empresa Fransan Eurotrans, S.L., sobre ordinario, foi ditada a resolución coa parte dispositiva seguinte:

«Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución de título executivo a favor da parte executante, José Antonio Fernández Varela, contra Fransan Eurotrans, S.L., parte executada, por importe de 4.033,51 euros en concepto de principal (2.900,45 máis 10 % de xuro por mora: 1.133,06 euros ), máis outros 403,35 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado da Administración de Xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co que a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puido incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderase deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á súa constitución do título, sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste xulgado do social aberta no Banesto, conta nº 1596 clave 64 N e indicando no campo do concepto “Recurso” seguido do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír a seguir da conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-Reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe»,

E para que sirva de notificación en legal forma a Fransan Eurotrans, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza