Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 22 de xuño de 2016 Páx. 26406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 10 de xuño de 2016, do Servizo de Consumo da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 15R002/15/2016.

De conformidade co disposto no artigo 59.5, en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; despois de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se puidese efectuar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola presidenta do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2ª andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 10 de xuño de 2016

A xefa do Servizo de Consumo da Coruña
P.S. (Resolución do 20.4.2016)
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: 15R002/15/2016.

Interesada: Sistemas Integrales de Telefonia Eficiente, S.L.

CIF/NIF: B 47643267.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.