Observado un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 13, do 15 de xuño, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 24561, no prazo para a presentación de solicitudes,
Onde di: «comezará o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará ás catorce (14.00) horas do décimo (10º) día hábil seguinte ao día da súa publicación».
Debe dicir: «comezará o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará ás catorce (14.00) horas do vixésimo (20º) día hábil seguinte ao día da súa publicación».
O dito prazo comezará a contar desde a publicación desta resolución.
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2016
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia