Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 22 de xuño de 2016 Páx. 26408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia licitación para a contratación da subministración de equipamento para o Centro de Saúde de Tui, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria (expediente AB-EIV1-16-028).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avda. das Camelias nº 109.

3º. Localidade e código postal: 36211 Vigo.

4º. Teléfono: 986 21 92 33.

5º. Telefax: 986 21 91 50.

6º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todo os días laborais excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de mobiliario e equipamento para o Centro de Saúde de Tui.

c) División por lotes: si.

d) Lugar de entrega: Centro de Saúde de Tui.

e) Prazo de entrega: un mes.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 39130000-2, 33192000-2, 33100000-1.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: as especificadas na cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato: 143.622,50 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 143.622,50 €, IVE: 30.160,73 €. Importe total: 173.783,23 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: as ofertas pódense presentar en man antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Se o último día de presentación da solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade da entidade adxudicadora, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Nicolás Peña.

2º. Domicilio: avda. das Camelias nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36211.

4º. Enderezo electrónico: chuvi.contratación.administrativa@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña, avda. Camelias nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo 36211.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario. Ver cláusula 3.4. do prego de cláusulas administrativas.

11. Outras informacións: cofinanciado no marco do Convenio específico entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Comunidade Autónoma de Galicia, actuación 3.30.CA.1 - Mellora da sanidade rural.

Vigo, 9 de xuño de 2016

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo