Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25690

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño

EDICTO (418/2014).

Cédula de citación.

No procedemento de referencia ditado a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza 123/2015.

O Porriño, 8 de xullo de 2015.

Xuíza que a dita: Olalla Díaz Sánchez.

Demandante: Marcelo Andrés Tajes Rebollo, como presidente da Comunidade de Propietarios Barreiro, sita en r/ Rosalía de Castro, nº 22 y r/ Coruña, nº 16 de Salceda de Caselas.

Procuradora: Elena Salgado Tejido. Avogado: José Manuel Rodríguez Álvarez.

Demandados: Amelia López Martínez (desistida); Ángel Alejandro Colangelo e María Mercedes Vázquez Trevín (rebeldes).

Obxecto de xuízo: reclamación de cantidade (cotas comunitarias).

Decisión:

Estimo integramente a demanda presentada pola representación procesual de Marcelo Andrés Tajes Rebollo, como presidente da Comunidade de Propietarios Barreiro sita en r/ Rosalía de Castro, nº 22 e r/ Coruña, n° 16 de Salceda de Caselas fronte a Ángel Alejandro Colangelo e María Mercedes Vázquez Trevín condeno a estes a aboar de forma solidaria á demandante a suma de 1.268,50 euros más o xuro legal do diñeiro que se computará desde o 28 de xullo de 2014, con expresa imposición de custas á parte demandada.

A presente sentenza é firme.

Notifíquese ás partes.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Ángel Alejandro Colangelo e María Mercedes Vázquez Trevín, expídese o presente edicto para que sirva de notificación.

O Porriño, 13 de xaneiro de 2016

O/a secretario/a xudicial