Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25689

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1536/2014).

Neste órgano xudicial tramítase exequátur 1536/2014, seguido por instancia de Jenny Almonte De La Rosa contra José Moreno Jiménez, en que se ditou sentenza cuxo extracto é do teor literal seguinte:

Auto exequátur.

Nº 685/2016.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 23 de maio de 2016.

Parte dispositiva:

Estimo a demanda de exequátur presentada pola procuradora Sra. Garrido, en nome de Jenny Almonte De La Rosa e declaro recoñecida, válida e executable en España a sentenza de divorcio ditada o 22.12.2011 pola Cámara Civil Comercial e de Traballo de Nagua do matrimonio formado por Jenny Almonte de la Rosa e José Moreno Jiménez.

De conformidade co disposto no artigo 497.2 a LACn, notifíquese ao demandado que está en paradoiro descoñecido publicando un extracto desta resolución no BOE ou no DOG.

Unha vez notificada e firme esta resolución, anótese no Rexistro civil central do Ministerio de Xustiza Español, con testemuño da presente resolución e da sentenza ditada na República Dominicana.

Así o acordo, mando e asino; dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a. O/a letrado/a da Administración de xustiza.

E, encontrándose o dito demandado, José Moreno Jiménez, en paradoiro descoñecido, expídese a presente notificación co fin de que sirva de notificación en forma.

Ourense, 23 de maio de 2016

O/a letrado/a da Administración de xustiza