Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25707

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 19/2016).

Execución de títulos xudiciais 19/2016

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 288/2015

Sobre despedimento

Demandante: José Antonio Santos Patiño

Graduado social: José Benito Vidal Rey

Demandado: Nova Albariza, S.L.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 19/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Santos Patiño, contra a empresa Nova Albariza, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse auto o 27 de maio de 2016 e decreto o 30 de maio de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Resolución:

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a José Antonio Santos Patiño con Nova Albariza, S.L. e condeno a devandita empresa a aboar ao executante 16.728,74 euros en concepto de indemnización e 21.989,59 euros en concepto de salarios de tramitación, sen prexuízo do desconto que efectúe, se é o caso, a empresa do importe percibido pola parte executante en concepto de prestacións de desemprego.

No caso de non cumprir a presente resolución continuará por petición de parte a presente execución como monetaria polo importe total de 38.718,33 euros e 3.871,8 euros, que se orzan para xuros e custas da execución, sen prexuízo da súa ulterior liquidación.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Fogasa facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas, acordo dar traslado a José Antonio Santos Patiño e ao Fondo de Garantía Salarial, co fin de que no prazo de quince días poidan designar a existencia de novos bens titularidade da executada e, no caso contrario, declararase a insolvencia desta.

Póñase en coñecemento do Rexistro Público Concursal o ditame do auto do 27 de maio de 2016 polo que se despacha execución, con expresa especificación do número de identificación fiscal do debedor contra o que se despachou execución (artigo 551.3, punto final).

Notifíquese ás partes e a Nova Albariza, S.L., por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e é carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0019 16. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0019 16. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

Letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Nova Albariza, S.L., expido o presente.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza