Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 3 de xuño de 2016, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00987-O-2016 e seis máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador número XC-00987-O-2016 e seis máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informados/as de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 3 de xuño de 2016

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-00987-O-2016

1736-GXJ

Leotrans 3000

B70294566

Minoración do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

29.2.2016; 10.43; N634; 709,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-01298-O-2016

5925-CLK

José Luis Rodríguez Cobas

33285039Z

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

15.3.2016; 12.58; AC552; 55,5

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-01316-O-2016

5925-CLK

José Luis Rodríguez Cobas

33285039Z

A condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas.

15.3.2016; 12.55; AC552; 55,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-01416-O-2016

2608-FSY

Trami Trucks World

B70307293

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

29.12.2015; 11.25; AP-9; 79,500

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-01417-O-2016

2608-FSY

Trami Trucks World

B70307293

Exceso superior a 2 horas sobre os tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 12 horas ata 14 horas.

29.12.2015; 11.30; AP-9; 79,500

Art. 140.37.3 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

XC-01418-O-2016

2608-FSY

Trami Trucks World

B70307293

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

29.12.2015; 11.33; AP-9; 79,500

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-01419-O-2016

2608-FSY

Trami Trucks World

B70307293

A condución durante máis de cinco horas, aínda que sen superar as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas.

29.12.2015; 11.43; AP-9; 79,500

Art. 141.24.3 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros