Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 25 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2016017AL-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 19 de abril de 2016, o instrutor do expediente sancionador 2016017AL-OU formulou a proposta de resolución á entidade Distribuciones Cárnicas Rodríguez e Hijos, S.L., con CIF B-94080637 e enderezo no Formigueiro, A Cañiza (Pontevedra).

Intentada a notificación desta proposta segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle á entidade Distribuciones Cárnicas Rodríguez e Hijos, S.L., con CIF B-94080637 e enderezo no Formigueiro, A Cañiza (Pontevedra), o contido da referida proposta de resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 25 de maio de 2016

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2016017AL-OU.

Interesada: Distribuciones Cárnicas Rodríguez e Hijos, S.L.

DNI/NIF/CIF: B-94080637.

Último enderezo coñecido: O Formigueiro, A Cañiza (Pontevedra).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Regulamento nº 852/04.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: seiscentos euros (600,00 €).