Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 6 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación de información pública do expediente IN661A 2010/010-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro), notifícaselles aos interesados descoñecidos, ausentes ou con enderezo descoñecido que se sinalan no anexo deste anuncio, a Resolución do 22 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a aprobación do proxecto de execución, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental referidos ao proxecto do parque eólico A Ruña II nos concellos de Mazaricos e Dumbría na provincia da Coruña (expediente IN661A-2010/010-1).

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de trinta días, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Sen prexuízo do anterior, este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de xuño de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2010/010-1.

Solicitante: Eurus Desarrollos Renovables, S.L.U.

Denominación: parque eólico A Ruña II.

Concellos: Mazaricos e Dumbría.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Nº de predio: 60.

Datos catastrais: polígono 404; parcela: 206; lugar: Corrales; cultivo: matogueira.

Superficies afectadas: 129 m2 por servidume de vía; 178 m2 por ocupación temporal.

Servidumes de paso de vías e gabias: corresponde á superficie de paso ocupada polos camiños e polas gabias que albergan o cableado, incluíndo os foxos, os terrapléns e os desmontes.

Ocupación temporal: ocupación temporal dos terreos de necesaria ocupación durante un prazo de 18 meses.