Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25723

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización da subministración e entrega de 2.100 pares de botas de extinción para o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (expediente 4/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e entrega de 2.100 pares de botas de extinción para o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23782

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 9, do 15 de xaneiro de 2016.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto; aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 205.800,00 €, IVE (21 %): 43.218,00 €. Importe total: 249.018,00 €.

Valor estimado: 205.800,00 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 26 de abril de 2016.

b) Adxudicataria: Iturri, S.A.

c) Importe: 245.714,70 €, IVE incluído.

d) Data de formalización do contrato: 2 de maio de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta admitida á licitación e cumpriu cos requisitos técnicos exixidos nos pregos.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2016

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural