Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25462

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 953/2012).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 953/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva Picallo García contra Unomasuno Cosmética, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza cuxa resolución di así:

Decido que debo estimar parcialmente a demanda presentada por instancia de Eva Picallo García contra a entidade Unomasuno Cosmética, S.L. e o Fogasa, debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 858,49 euros como cantidade debida, máis o xuro de demora do 10 % sobre a devandita cantidade, e absolvela do resto das pretensións deducidas fronte a ela.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela non cabe interpoñer recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Unomasuno Cosmética, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza