Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25446

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (756/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 756/2013 por instancia de José Ramón Sánchez Boquete (desistido) Jose Maria de Sousa Martíns, Juan Carlos Rama Vilariño, Antonio Muíño Ferreiro, José Javier Vázquez Vilariño, Juventino ponte Juncal (desistido), Jesús Bao Ferrero, Ricardo del Río del Río, José Manuel Rodríguez Novoa, contra a empresa VT Cubiertas, S.L., o seu adminsitrador concursal e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 23.5.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda interposta por José Ramón Sánchez Boquete (desistido), José María de Sousa Martíns, Juan Carlos Rama Vilariño, Antonio Muíño Ferreiro, José Javier Vázquez Vilariño, Juventino ponte Juncal (desistido), Jesús Bao Ferrero, Ricardo del Río del Río, José Manuel Rodríguez Novoa fronte á empresa VT Cubiertas, S.L., o seu administrador concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa VT Cubiertas, S.L. a aboar aos demandantes as seguintes cantidades:

• A José María de Sousa Martíns, a cantidade de 8.828,44 euros.

• A Juan Carlos Rama Vilariño, a cantidade de 9.106,20 euros.

• A Antonio Muíño Ferreiro, a cantidade de 8.599,28 euros.

• A José Javier Vázquez Vilariño, a cantidade de 9.506,20 euros.

• A Jesús Bao Ferrero, a cantidade de 2.726,72 euros.

• A Ricardo del Río del Río, a cantidade de 2.726,72 euros.

• A José Manuel Rodríguez Novoa, a cantidade de 3.782,76 euros.

Todas estas cantidades devindicarán o xuro moratorio do 10 % previsto no artigo 29.3 do ET.

Todas estas cantidades vincularán o administrador concursal de VT Cubiertas, S.L.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa VT Cubiertas, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 30 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza