Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25442

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada

EDICTO (403/2014).

Denise Romero Barciela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada, certifico que nos autos de divorcio contencioso 403/2014 se ditou a seguinte sentenza:

«Sentenza número 30/2016.

Vistos por Susana Vázquez Mariño, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia Único de Chantada, os autos de divorcio contencioso seguidos co número 403/2014 por instancia de Ana María Lamela Cordero contra Faig Babayez, en situación de rebeldía procesual.

(Seguen antecedentes e fundamentos de dereito).

Decido que, estimando en parte a demanda formulada pola procuradora Sra. Rodríguez Brage, en nome e representación de Ana María Lamela Cordero contra o seu cónxuxe, Faig Babayez, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio formado polos referidos cónxuxes con todos os efectos legais inherentes a tal declaración, incluída a disolución do réxime económico matrimonial, e non procede a fixación de pensión compensatoria solicitada na demanda. Todo iso sen que proceda efectuar un especial pronunciamento en custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Comuníquese esta sentenza, unha vez firme, ao Rexistro Civil en que conste inscrito o matrimonio, e expídase para tal fin o oportuno despacho para a anotación marxinal desta.

Modo de impugnación: recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación.

E encontrándose o demandado en situación en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en legal forma.

Chantada, 24 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza