Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25473

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 23 de maio de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental para o proxecto de ampliación dunha explotación porcina de ceba no lugar de Laxas, no concello de Rodeiro (expediente 2016/0078).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 36, faise público que por espazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o estudo de impacto ambiental para o proxecto de reforma dunha nave para explotación porcina, promovida por Agroxaqui, S.L., nas dependencias da Secretaría Xeneral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar), co fin de que calquera interesado poida consultalo e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

Para os efectos de este expediente, o órgano substantivo é a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/seccion-tema/c/Avaliacion_ambiental?content=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental%2FAvaliacion_impacto_ambiental_proxectos%2FSeccion_AIA.html&ui=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental%2FAvaliacion_proxectos%2Fdinamico%2Flistado_proxecto_aap_central.html&sub=Participacion_publica%2F&clase=Xestion%2FProxecto_aap%2FTipo_proxecto%2FIP_AIA_ordinaria%2F.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental