Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da obra de renovación de infraestruturas na avenida da Deputación, no tramo comprendido entre a rúa da Constitución e o pontón sobre o regato de Veigadecabo no Barco de Valdeorras.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Domicilio: rúa San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=35936

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 20/2016 U.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición do obxecto: obra de renovación de infraestruturas na avda. da Deputación no tramo comprendido entre a rúa da Constitución e o pontón sobre o regato de Veigadecabo no Barco de Valdeorras.

c) Lugar de execución: alínea A do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo de execución: número 2.4 do prego de cláusulas administrativas particulares e alínea D do seu cadro de características.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 45233250-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 3.6.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 202.975,21 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 202.975,21 €.

b) Importe total: 245.600,00 €.

6. Garantías exixidas:

Definitiva (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE) 10.148,76 €.

7. Subcontratación: de acordo co establecido no número 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 3.3. do prego de cláusulas administrativas particulares e no apartado I.2 do seu cadro de características.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en sábado ou día inhábil o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade: a sinalada no número 3.4. do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Domicilio: rúa San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

10. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: rúa San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora de apertura dos sobres B e C.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2016

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio