Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx. 24269

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1000/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 1000/2012, por instancia de Liliana Mantiñán Varela contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua La Fraternidad, Mutua Gallega, a empresa Belyvi, S.L. sobre incapacidade permanente, en que se ditou sentenza con data do 18.5.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Desestímase a demanda formulada por Liliana Mantiñán Varela contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fraternidad, a Mutua Gallega, as empresas Mercartabria, S.L.U. e Belyvi, S.L. e, igualmente, desestímase a excepción oposta pola Mutua Fraternidad e absólvense as ditas entidades ou empresas das pretensións deducidas contra elas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Belyvi, S.L., expido e asino este edicto

A Coruña, 25 de maio de 2016

A secretaria xudicial