Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx. 24268

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1055/2013).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1055/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gema Castelo Martínez contra Nueve Meses y Seis Años, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou resolución con data do 24.5.2013 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Nueve Meses y Seis Años, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de maio de 2016

O letrado da Administración de xustiza